" />

A Unión Europea concedelle a Lugo 3,5 millóns para o programa Lugo+Biodinámico

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, informou este venres de que a Unión Europea vén de conceder ao Concello o programa Lugo+Biodinámico, financiado ao 50% con fondos do plan LIFE –o plan europeo de Medio Ambiente e Acción polo Clima-. Deste xeito, Lugo disporá de máis de 3,5 millóns de euros para desenvolver novidosas actuacións en favor dun urbanismo sostible e dun mellor aproveitamento da riqueza forestal, a nivel económico e ambiental, o que “mellorará a calidade de vida dos veciños, fará de Lugo unha cidade máis verde e abrirá novas oportunidades económicas aproveitando a madeira como elemento estrutural constructivo”, explicou Méndez.

A rexedora deu a coñecer a iniciativa acompañada de Daniel Piñeiro, Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, quen coordinará a execución das actuacións; Sonsoles López Izquierdo, Deputada provincial de Medio Ambiente; e Antonio Rigueiro, Catedrático da USC na Escola Politécnica de Lugo, representantes das institucións que “xogaron un papel fundamental para que Lugo conte hoxe cun proxecto LIFE”, sinalou Lara Méndez. Tamén participaron na presentación dous técnicos da empresa pública municipal Evislusa, Benigno Jáuregui e Susana Penedo, que forman parte do equipo promotor e redactor da candidatura.

Lara Méndez explicou que “este ambicioso proxecto medioambiental permitiranos dar un pulo moi importante á nosa acción de goberno, pois encaixa á perfección na filosofía de traballo e xestión municipal que temos plantexada”, explicou a Alcaldesa. O proxecto, que comezará a executarse en xaneiro de 2016 e se desenvolverá ata mediados do 2020, pretende deseñar a escala en dúas zonas do norte de Lugo, entre os polígonos das Gándaras e o Ceao, un modelo urbanístico e medioambiental sostible, que serva de referencia e se poida estender a outros lugares da provincia e do resto de Galicia, e mesmo de España.

Ten dous piares. Por un lado, fomentar a utilización da madeira como material de construción para reducir a emisión de dióxido de carbono e mitigar deste xeito os efectos do cambio climático, e impulsar ao mesmo tempo o sector forestal, tanto a nivel dos productores, pois ábrense novas saídas para o produto e increméntase o seu valor engadido, como da industria da madeira. O outro piar consiste en impulsar unha planificación urbanística sostible.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo