" />

A vacinación a menores de 50 anos comezará a partir do 7 de xuño

O Conselleiro de Sanidade, Julio García, anunciou esta maña que durante a vindeira semana remata a vacinación das persoas con idades comprendidas entre os 50 e os 59 anos  e a partires do 7 de xuño dará comezo a dos menores de 50 anos.

Nas últimas horas a Consellería de Sanidade contabilizou un caso máis que onte, polo que parece que tende a estabilizarse. En total na área sanitaria de Lugo hai un total de 234 casos activos, dos que tres están na UCI.

En canto ao número total de casos en Galicia é de 2.350; deles 426 son da área da Coruña, 234 da de Lugo, 190 da de Ourense, 290 da de Pontevedra, 700 da área de Vigo, 427 da de Santiago e 83 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 79 en unidades de hospitalización e 2.243 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 121.883 persoas curadas, rexistrándose 2.417 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.241.777.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.820.730.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo