A Valedora do Pobo avala a actuación da Deputación ao denegar ao PP o acceso ás naves de Begonte e a Santa María

A Valedora do Pobo vén de remitir á Deputación de Lugo o expediente no que dá resposta ás queixas formuladas polos deputados provinciais do PP Javier Jorge Castiñeira e Oscar Poy ante a denegación do acceso ás naves de Begonte e ao Fogar de Santa María. A Valedora avala en ambos casos a actuación da Deputación, que xa no seu momento estivo fundamentada en informes xurídicos realizados pola Secretaría Xeral da entidade provincial.

No caso das naves de Begonte, o motivo de non permitir o acceso débese ao estado das instalacións, que non permite garantir a seguridade das persoas no seu interior. No caso do acceso ó Fogar de Santa María, a negativa veu motivada porque os deputados non notificaron a súa intención de facer a visita, nin o motivo da mesma. Hai que lembrar que esta se producía nun momento no que aínda existían condicionantes de acceso relacionados coa normativa vencellada á pandemia.

Estes criterios veñen de ser recoñecidos como correctos polo expediente da Valedora, que estima que con respecto ás naves, a denegación está motivada pola inseguridade do inmoble. Sobre o acceso ás oficinas de Santa María, o expediente considera que negar a visita non supón limitar o dereito á información, porque os deputados populares sempre puideron acceder a expedientes, planos e documentación relacionada coa reforma. E conclúe que é precisa unha comunicación previa antes de facer a visita, “sen prexuízo do que proceda en termos organizativos polos órganos de goberno competentes”.

A portavoz socialista mostrouse satisfeita “polo feito de que o expediente da Valedora coincide cos criterios desta Deputación avalados pola Secretaría Xeral. Polo tanto, nin ocultación de información, nin escurantismo, como dicía o PP, senón puro sentido común”.

A deputada pediu ao PP que “deixe de andar facendo espectáculo e que traballe pola provincia”. A voceira lamenta que os populares convertesen unha cuestión de procedemento nunha pataleta que non tiña outro obxecto que atacar inxustificadamente ó Presidente e á institución provincial. A Valedora traballa para resolver os problemas reais dos galegos e das galegas, e é unha pena que algúns non o entendan e pretendan levar alí os seus intereses políticos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com