A Valedora do Pobo corrixe a actitude “escapista” da Deputación ante os afectados pola selección de persoal das residencias

A Valedora do Pobo correxiu hoxe a actitude “escapista” do Goberno provincial a respecto da súa responsabilidade sobre a selección do persoal para traballar nas residencias da Deputación. Así o informaron hoxe dende a Plataforma de Afectados por esta selección, mediante un comunicado aos medios no que explican tamén como é a propia Valedora quen lle solicita información a este respecto ao Goberno de Darío Campos, tras a denuncia interposta pola Plataforma.

Nesa tesitura desde a Oficina da Valedora se lle enviou un segundo requerimento lembrando á Deputación a obriga por Lei de achegar a documentación solicitada. Tras esta nova petición, e segundo afirman dende a Plataforma, o Goberno socialista da Deputación “volveu a mirar para outro lado e a intentar escapar de asumir as responsabilidades propias das súas xestións”, contestando que o asunto é competencia de SUPLUSA.

“Novamente unha práctica escapista e de absoluto descaro, impropia dun Goberno serio e responsable, e de absoluto desprezo cara ás persoas afectadas”, denuncia o asesor desta Plataforma, Lois Neto.

A pesares de que o equipo de Goberno defende que é competencia de Suplusa, a Valedora volveu a contactar coa institución provincial lembrándolle as súas obrigas sobre as prestacións de servizos, “sexan mediante xestión directa ou indirecta”, pois recorda que a Deputación ten o deber de “fiscalizar e supervisar” as actuacións encomendadas por ela a outros entes e, en especial, nas que se dispón de fondos públicos.

A Plataforma manifestou a súa satisfacción con esta resposta da Valedora do pobo por “deixar craro” que a Deputación de Lugo ten responsabilidades sobre o proceso de selección e, por tanto, “ven a corroborar o qe desde a Plataforma vimos denunciando desde a súa creación, e ademáis supón unha crara inxección de credibilidade ás nosas demandas”.

“Pola contra, -continúa a Plataforma- este novo requerimento da valedora pon de manifesto a miserable actitude do Goberno Provincial do PSOE co Sr Darío Campos á cabeza, ao negarse por activa e pasiva a recibir ás persoas afectadas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com