A vindeira semana remata o prazo de presentación de ofertas para instalar as casetas do polbo

A vindeira semana remata o prazo de presentación de ofertas para instalar casetas e caldeiros do polbo durante as festas do San Froilán 2015. Todos os interesados aínda poden presentar as súas propostas, ben na Oficina de Rexistro do Concello ou por correo postal.

Polo acordo da Xunta de Goberno Local do pasado 15 de xullo, aprobáronse as bases técnicas e o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o procedemento aberto de adxudicación para a autorización da instalación de casetas e caldeiros de polbo durante as festas do San Froilán.

Este ano haberá catro casetas, en vez de cinco como en anteriores edicións, polo que quedará máis espazo libre no entorno do Parque de Rosalía para poder aparcar ou para o propio funcionamento das casetas. Por medio do anuncio, que foi publicado o xoves 16 de xullo no Boletín Oficial da Provincia (BOP), deuse a coñecer a licitación e a data límite de presentación de ofertas, que é de 30 días hábiles contados dende a súa publicación.

Os prezos de saída para as casetas son os seguintes: 18.400 euros, para a número 1; 17.200 euros, para a 2; 16.100 euros, para a 3; e 15.000 euros, para 4. En canto aos dos caldeiros: 11.500 euros para o número 1; 10.300 euros para o 2; 9.200 euros para o 3; e 8.200, para o 4. Os prezos establecéronse en función da proximidade ao recinto feiral. Todos os postos deberán ter visibles os prezos.

A obtención de documentación e información pode facerse no Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento, sito na Ronda da Muralla, 197; ou na páxina web www.lugo.gal.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com