A XIII Xira Karting aterrizará en Lugo do 12 ao 14 de abri

A XIII Xira Karting, patrocinada por Supermercados Gadis, chega á cidade de Lugo, ao Circuito de Augas Férreas a vindeira fin de semana, do 12 ao 14 de abril. Para que os lucenses poidan gozar desta actividade lúdica, dende mañá a compañía galega entregará nos seus establecementos 650 invitacións aos seus clientes, por compras superiores aos 50 euros, para acceder de xeito gratuito ao Karting.

Asemade, entre o 6 e o 13 de abril, os supermercados repartirán descuentos de 3 euros, por compras superiores á mesma cantidade, para asistir ao Circuito.

O horario desta Xira Karting no seu paso por Lugo será de 12 a 14 horas polas mañás e de 16.30 a 21.30 horas polas tardes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com