A Xira Mulleres volve a Lugo para fomentar o emprego e o emprendemento feminino

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, acompañada polo técnico de asesoramento á empresas, Norman Veiga, presentou hoxe a terceira edición do proxecto Xira Mulleres, unha iniciativa que volve a celebrarse, por segundo ano consecutivo, en Lugo. Trátase dun taller de formación gratuíta, organizado pola Fundación Coca-Cola e Mulleres Fundación, en colaboración co Concello, dirixido a mulleres de entre 18 e 60 anos, empregadas e desempregadas, que ven no emprendemento unha alternativa ao emprego, con proxectos de emprendemento en mente relacionados con actividades económicas relacionadas a Coca-Cola e empresarias que queiran reiventar o seu negocio.

Tal e como avanzou Prieto, este programa para a capacitación persoal e profesional, tanto das mulleres que queiran acceder ao mercado laboral como das que desexen facer realidade o seu negocio, celebrarase os días 10 e 11 de abril, en horario de mañá, de 09:30 a 14:30 horas, no Cei-Nodus.

Da man de entidades especializadas no empoderamento feminino, as participantes terán a oportunidade de atopar o seu camiño a través das súas propias ideas, mediante unha dosis extra de motivación e coñecemento, e a través de tres etapas con módulos diferenciados: Busca a túa ruta é o nome da primeira fase, onde os expertos imparten sesións teóricas para axudar aos participantes a identificar os seus proxectos; a segunda fase, Inicia a túa viaxe, compleméntase con 30 horas de formación en liña nas que desenvolve cada idea de negocio; finalmente, co Nós acompañámolo, seleccionaranse os dez mellores proxectos de formación en liña para recibir servizos de incubación e titoría. Entre eles, os tres máis innovadores reciben seis meses de asesoramento e un capital de apoio de 3.000 euros para cada proxecto gañador.

As mulleres interesadas en particiar poden anotarse xa a través do enderezo electrónico norman.veiga@concellodelugo.org ou ben a través do 010.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo