" />

A XL Semana de Cine sumou máis de 6.800 espectadores

O éxito da Semana Internacional do Cine de Autor en Lugo xa está máis que consagrado. Moitos son os anos que leva esta actividade sumando adeptos. Así, este ano, foron un total de 6.820 espectadores os que acudiron ás distintas proxeccións.

Na semana previa á proxección da Sección Oficial, entre as tres salas que había dispostas para a ocasión  –Deputación, Vicerreitorado e Biblioteca Provincial- sumaron 861 espectadores. O cómputo da Semana grande, entre estas tres salas e as habilitadas no Museo Provincial e o Vello Cárcere, contabilizáronse un total de 1001 espectadores.

No Auditorio Gustavo Freire, na Sección Infantil rexistrouse un total de 2058 espectadores; 1.800 na sección O mellor do Ano; e 1.100 espectadores na Sección Oficial.

Como balance de cifras, está ben, pero cabe resaltar tamén as numerosas visitas que esta XL SICA, que foi tan especial, recibiu. Así Oscar Doviso, director de El Rebelde, foi un dos que se achegou ata Lugo para conversar co público desta Semana Internacional de Cine. Ademáis, tamén pasaron por aquí, directores e intérpretes de Madre y Maestra; directores de A viaxe de Ruth; e a directora e o cadro artístico ao completo de Tódalas mulleres que coñezo. 

Carlos Lorenzo director de Vértice de versos; Jaione Camborda, directora de Rapa das Bestas; Alfonso Zarauza, director de Encallados, tamén pasaron esa semana pola cidade das murallas. Mención especial merece Christian Iván Castillo, director de En el nombre del padre, que veu directo dende México e o gran invitado por excelencia, tamén dende México, fillo da actriz homenaxeada este ano, Rosario Dúrcal.

Rexistráronse alguns fallos nas diversas salas onde se exhibían películas. Na actualidade, afeitos ao confort, visión e fantástico son das salas comerciais, é un reto para a organización difícil de superar. Non obstante, segundo aseguran “conseguimos ofrecer un cine de calidade totalmente gratuito e dentro das nosas posibilidades. Sentimos que –quizais por un virus procedente dun teléfono móbil- a película Leo a la vida do director Julio Suarez, no se puidese ver na súa totalidade”. Leo a la vida, será invitada de excepción na vindeira edición da SICA.

Palmarés XL SICA

Premio do Público á Mellor película da Sección Oficial: EL INSULTO (Líbano, 2017) de Ziad Doueiri con 2,93 puntos.

Seguíronlle en puntuación: TODALAS MULLERES QUE COÑEZO (2,74 puntos),  BAJO LA PIEL DEL LOBO (2,34 puntos), EL VIAJE DE SUS VIDAS (1,98 puntos) e PRINCESITA (1,84 puntos).

Premio do Público á Mellor película Documental: A VIAXE DE RUTH (Galicia, 2018) de Jaime Pardo Valdés e Xosé Reigosa.

Premio do Público á Mellor película galega: NOVE DE NOVEMBRO (España, 2017), de Lázaro Louzao.

Premio do Público á Mellor Curtametraxe galega: AMANECE DESPEJADO (Galicia, 2018), de María Vázquez e Bruno Máez.

Premio do Público á Mellor Curtametraxe: NOCHE DE REYES (España, 2018), de Javier Gimeno.

Mención especial

A organización e o xurado da 40 SICA decidiron conceder cadansúa Mención Especial, polo seu especial coidado ao cine, e aos temas e persoas que tratan, ás seguintes películas: O TEMPO NA LUPARIA, de Plácido Romero; MATRIA, de Álvaro Gago; THE REBEL, de Oscar Doviso; MADRE Y MAESTRA, de Caamaño Castro e Serafín R. Trashorras; ESCARABANA, de Sara Casasnovas; VÉRTICE DE VERSOS, de Carlos Lorenzo; AMPARO 54, de María Dobli; SILENCIO, de Miguel Juan Pujadas; EUGENIO, de Xavier Baig e Jordi Rovira; EL PRECIO DE LA RISA, de Gabriel Lechón Cuello; MARTA NO VIENE A CENAR, de Macarena Astorga; ASI QUE PASEN CIEN AÑOS, de Dioni Torres e Javier Luque; EN EL NOMBRE DEL PADRE, de Christian Iván Castillo Ramos; LA PRIMAVERA CAMBOYANA, de Chris Nelly; DHOGS, de Andrés Goteira; SABANDA, de Víctor Calero; HURTO, de Gerónimo García Castela; EL ATRACO, de Alfonso Diaz; EL ASADO, de Ignacio Guggiari; MADRE, de Rodrigo Sorogoyen; TURNO DE NOCHE, de Víctor Vasollete e NO SOY ÉL, de Xoan Bregua.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo