A XLVIII Semana de Cine de Lugo recibiu un total de 1.461 películas, entre curtametraxes e longametraxes, para participar na edición deste ano do certame organizado por Fonmiñá, coa colaboración do Concello de Lugo, a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia, a UNED e a USC.
Segundo informou a organización, a maior parte das inscricións realizáronse a través da plataforma Festhome, que rexistrou 1.316 filmes. Ademais, 57 obras foron presentadas mediante Click For Festivals, mentres que 25 chegaron a través de distribuidoras e outras 63 foron remitidas de maneira independente.
O prazo de admisión de traballos pechouse o pasado 15 de maio. A XLVIII Semana de Cine de Lugo celebrarase entre os días 21 e 26 de setembro.






