11,00 h.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, manterán unha reunión de traballo. foto xoán crespo 26/06/2019

A Xunta analizará unha reordenación do Polígono de Cervo para acoller novos proxectos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, mantiveron esta mañá unha reunión na que o rexedor municipal lle trasladou os proxectos que a Administración local quere levar a cabo neste concello da Mariña.

Un dos temas abordados foi a posibilidade de executar unha reordenación do Polígono empresarial de Cervo, da Cuiña, co fin de acoller novos proxectos nesta área empresarial deste concello da Mariña lucense. Ante esta petición a conselleira trasladoulle o compromiso de estudar e analizar a posibilidade de levar a cabo unha reordenación do parcelario actual, co fin de verificar que se poden agrupar os metros cadrados necesarios para aposta en marcha de distintas instalacións.

Neste sentido, o Instituto Galego de Vivenda e Solo asumirá os traballos previos que permitan contrastar a viabilidade da proposta, así como os procedementos precisos para que, no seu caso, se poda levar a cabo a reordenación do ámbito para conseguir un mellor aproveitamento e máis facilidade para a implantación de novas actividades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo