A Xunta apoia a través do programa ReAcciona Tic a sete pemes da provincia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de apoiar a través do programa ReAcciona TIC a mellora competitiva de sete compañías da provincia de Lugo con axudas para servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que se concederon achegas por un importe total de 30.492 euros, que beneficiaron a dúas empresas de Lugo, dúas de Vilalba e unha en cada un dos seguintes concellos: Cervo, Outeiro de Rei e Chantada.

Esta iniciativa, cofinanciada ao 80% con fondos Feder, oferta servizos que inclúen a diagnose das necesidades de cada empresa para a implantación das tecnoloxías dixitais, o acompañamento e apoio na posta en marcha de proxectos Industria 4.0 ou a exploración de novas oportunidades de negocio vinculadas a esta industria, así como a xeración de modelos e simulacións industriais para optimizar os procesos de produción.

En 2019 activáronse en total catro convocatorias deste programa desenvolto polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, co obxectivo de facilitarlles ás empresas beneficiarias a adquisición de competencias e a incorporación de tecnoloxías que lles permitan incrementar a súa competitividade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com