A Xunta cede tres predios ao Concello de Castro de Rei

A Xunta de Galicia,  atraveso da Consellería do Medio Rural, vén de ceder tres predios ao concello de Castro de Rei para o seu uso veciñal, despois de que así o solicitara o goberno local. Estes terreos proceden da masa común da parcelaria de San Xiao de Mos, actualmente en fase de acordo.

Cando un proceso de reorganización do territorio aínda non está rematado, a administración local pode solicitar a cesión da titularidade de parcelas integradas no fondo de terras e así crear equipamentos colectivos de interese xeral.

Neste caso, trátase dun predio para crear un área recreativa, outro para un aparcadoiro e un último que permitirá ampliar o cemiterio parroquial. A cesión xa está formalizada e a partir de agora o concello terá cinco anos para cumprir cos fins para os que foron adxudicados.

O proceso de concentración parcelaria da zona de San Xiao de Mos comprende unha superficie de 435 hectáreas repartidas en 436 parcelas propiedade de 270 veciños. Todos eles beneficiaranse da base territorial e mellora das infraestruturas que supón este proceso de reordenación territorial, así como dos equipamentos que prevé executar o concello.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com