A Xunta colabora na xuntanza anual de festas históricas que se celebrará en Lugo

A Xunta de Galicia colabora coa Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas na organización da súa xuntanza anual, que se celebra esta fin de semana na cidade de Lugo e que reunirá representantes de máis de 50 eventos procedentes de distintos puntos do país. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo un encontro previo co presidente da entidade, Antonio Madrid, á que tamén asistiu Helena candia, para abordar os detalles da cita.

Entre as actividades programadas destaca un desfile multitudinario que contará coa participación de diversas agrupacións históricas, incluídas as vinculadas ao Arde Lucus, festa declarada de Interese Turístico Internacional e que neste 2026 celebra a súa 25ª edición. Este evento constitúe un dos principais atractivos da fin de semana e busca achegar ao público diferentes recreacións de épocas e feitos históricos.

O desfile iniciarase ás 19:30 horas na praza Horta do Seminario e percorrerá varias rúas do centro da cidade ata rematar na praza da Mosqueira. Ao longo do traxecto, os asistentes poderán desfrutar tamén de distintas actuacións e espectáculos de animación que dinamizarán o ambiente urbano.

Ademais das actividades abertas ao público, a asociación aproveitará a súa presenza en Lugo para celebrar a súa asemblea anual ordinaria, así como unha sesión extraordinaria na que se procederá á elección da nova directiva para os vindeiros catro anos.

A Xunta apoia esta iniciativa a través da Axencia de Turismo de Galicia, que destaca a relevancia de que a comunidade autónoma acolla este encontro por segundo ano consecutivo, tras a súa celebración en 2025 no municipio de Xinzo de Limia. Esta colaboración enmárcase na estratexia de promoción do turismo cultural e na posta en valor das festas históricas como elemento dinamizador do territorio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com