A Xunta colaborará coa programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios na provincia

Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar os convenios asinados pola Xunta a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no primeiro cuadrimestre deste ano, que inclúen apoios por importe de 53.400 euros para impulsar 55 actuacións dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios nos municipios de Lugo, Burela, Foz, Viveiro, Ribadeo e Monforte de Lemos.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Xunta colabora cos concellos para financiar a programación deste circuito, que no primeiro semestre do 2021 está a achegar funcións escénicas ás seis localidades.

Arias destacou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade fomenta unha oferta cultural descentralizada para levar actividades aos municipios galegos mediante a sinatura de convenios e a convocatoria de diferentes programas de axudas.

Nese sentido, explicou que o DOG tamén vén de difundir o acordo co Club Cultural Valle-Inclán para colaborar na difusión da produción audiovisual na cidade de Lugo; e lembrou que a Xunta acaba de resolver a orde de subvencións destinadas aos festivais galegos do sector audiovisual, que inclúe unha achega de 7.350 euros para a 43ª Semana de Cine de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com