" />

A Xunta completará o repintado da sinalización na LU-530 entre Castroverde e a Fonsagrada

A Xunta ten previsto completar o repintado da sinalización horizontal da LU-530 entre Castroverde e A Fonsagrada, para o que reserva un orzamento de 120.523 euros con cargo ao contrato de conservación ordinaria das estradas da zona norte da provincia de Lugo para o vindeiro ano.

Así o adiantou o delegado territorial, José Manuel Balseiro, quen apuntou que despois de renovar as marcas viarias no tramo de calzada dende Lugo ata Castroverde, agora a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) planifica actuar nun treito de 37 quilómetros entre este último concello e o da Fonsagrada.

As condicións climatolóxicas son determinantes para garantir a calidade e a durabilidade da sinalización e asegurar que reúna as condicións requiridas para acadar o obxectivo de mellorar a seguridade viaria. Por ese motivo, a AXI programa o inicio dos traballos a partir do mes de maio, como é habitual neste tipo de actuacións, xa que convén que o pavimento estea seco e a temperatura sexa alta.

O treito de actuación discorre dende o quilómetro 20,160 -no núcleo urbano de Castroverde- ata o quilómetro 57,910 -no municipio da Fonsagrada- e inclúe as travesías de ámbolos dous concellos. O delegado territorial salientou que a Xunta prioriza os investimentos dirixidos a manter as estradas nunhas condicións axeitadas para propiciar unha circulación segura, cómoda e fluída.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo