" />

A Xunta constitúe o Posto de Mando Avanzado de Lugo para o seguimento do andazo do coronavirus

A Delegación territorial da Xunta en Lugo acolleu esta mañá a reunión de constitución do Posto de Mando Avanzado (PMA) da provincia de Lugo, un instrumento operativo que ten por obxecto coordinar a mellor resposta para a prevención e seguimento da pandemia por coronavirus.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidiu a primeira reunión da PMA no que están integradas todas as consellerías e, tamén en particular, os representantes operativos dos servizos de Emerxencia e da Unidade Adscrita da Policía Autonómica.

Ademais dunha análise xeral da situación da provincia e do mellor xeito de dar resposta ás necesidades que presentan os distintos centros e persoal dependente da administración autonómica, a PMA encargarase de centralizar, en colaboración coa Fegamp, as necesidades dos concellos e prestar apoio ás funcións vinculadas coa actividade do COVID-19

A Delegación territorial da Xunta canalizará tamén as ofertas de doazón de material que poidan recibir as distintas consellerías por parte de empresas e particulares e organizar a distribución deste, cando se dispoña do mesmo, de acordo coas instrucións e prioridades establecidas polo Centro de Coordinación Operativa en Santiago (CECOPI) e as autoridades competentes.

Traballo continuo en todos os ámbitos

“A Xunta traballa sen descanso –tanto con medios sanitarios como non sanitarios- para impulsar medidas para loitar contra o virus e estar preparados para facerlle fronte en todos os ámbitos, e tamén para apoiar a quen máis o precisa e que non sufra un dano aínda maior a consecuencia desta situación de emerxencia”-dixo Balseiro. Asemade lembrou” que ata o próximo venres, día 27, está aberto un proceso para que, si algunha empresa está en disposición de fabricar calquera tipo de material sanitario profesional, o comunique directamente á Xunta.

Ampliación do horario de atención sobre o Coronavirus

A Consellería de Sanidade ampliou dende esta mesma mañá o horario do reforzo, de ata 100 teleoperadores, para a atención exclusiva do teléfono gratuíto 900 400 116 de información e consulta sobre o coronavirus que se manterá desde as 8,00 ata as 24,00 horas durante todos os días da semana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo