A Xunta de Galicia aposta por dar visibilidade as persoas con discapacidade

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, destacou hoxe “a importancia de dar visibilidade ás persoas que teñen a súa autonomía limitada, co obxecto de que teñan o protagonismo que lles corresponde na sociedade e para que todos tomemos unha maior conciencia das barreiras de todo tipo que aínda hoxe teñen que superar”. Díxoo na apertura da VI Convivencia de persoas maiores xordas de Galicia celebrada no albergue xuvenil Lug2.

 De la Campa destacou “a colaboración que a Consellería de Política Social mantén coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), organizadora deste encontro, co obxectivo de mellorar a calidade de vida desta poboación”.

 O director xeral tamén sinalou a aposta do Goberno galego por continuar co traballo conxunto coas entidades  que traballan co estes colectivos.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Set 14, 2019 - 09:17 PM

    Sí , sí , precioso el comentario , y populachero la intención , después muchos mueren antes de ver un céntimo del dinero designado a la ley de dependencia .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo