A Deputación ven de aprobar melloras na estrada de Friol a Parga

A Xunta de Goberno Provincial aprobou este venres o proxecto e o prego das obras de mellora na estrada LU-P-2.101 de Friol a Parga, dotadas de 378.500 euros da Deputación. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, adiantou que a vindeira semana este contrato publicarase no Boletín Oficial da Provincia e abrirase o prazo de presentación de ofertas.

Tendo en conta os prazos legais, a previsión é adxudicar estes traballos en abril para a súa inmediata execución.

Manuel Martínez:

 

A sesión acordou tamén, contratar cun investimento de 50.000 euros o servizo de mellora e mantemento dos portais web da Deputación e de 34 Concellos da provincia que se puxeron en marcha a través do Innova-TE, o programa tecnolóxico do organismo provincial. Trátanse dos 34 municipios adheridos voluntariamente ao Innova-TE que quixeron esta prestación.

Son os seguintes: A Pastoriza, A Pontenova, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Cervantes, Chantada, Guitiriz, O Incio, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Paradela, Páramo, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Pol, Quiroga, Rábade, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Taboada e Triacastela.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo