A Xunta de Goberno formaliza mañá a estructura do executivo municipal

O voceiro municipal socialista, Miguel Fernández, anunciou que mañá martes, ás 9.30 horas, se reunirá a Xunta de Goberno en sesión extraordinaria para formalizar a distribución das áreas de Goberno, unha organización que deu a coñecer xa o pasado venres a Alcaldesa, Lara Méndez.

Deste xeito, avanza o proceso “para sentar as bases da estructura de traballo” coa que funcionará o Concello os vindeiros catro anos, e que quedará pechada no pleno de organización, que se celebrará nesta semana, tal e como confirmou Miguel Fernández.

En concreto, a Xunta de Goberno de mañá aprobará a delegación de competencias nos concelleiros. O voceiro indicou neste senso que continúan as conversas co resto de forzas políticas sobre o réxime retributivo da corporación, en base á proposta do goberno local, que supón un aforro de un millón de euros en todo o mandato, contía destinada á reforzar o orzamento de servizos sociais.

Segundo o xa avanzado por Lara Méndez, dende a Alcaldía seguirán dependendo os servicios de protección da comunidade: Policía Local, Bombeiros e Protección Civil, ademais da representación institucional, organización dos servicios administrativos e de coordinación do Goberno municipal.

Ana Prieto, primeira tenente de alcalde, dirixirá a área de Economía, Emprego e Desenvolvemento Sostible; Miguel Fernández, segundo tenente de alcalde, Medio Rural; Carmen Basadre, Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua; José Manuel Díaz Grandío, Deportes e Infraestruturas Urbanas; Ana María González Abelleira, Benestar Social, Igualdade e Inclusión; Daniel Piñeiro, Desenvolvemento Sostible e Persoal; e Juan Carlos González Santín, Concello e Cidadanía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com