" />

A Xunta de Goberno Local aproba a contratación de obras de mellora de accesos as parroquias de Tirimol, Adai e Bocamaos

A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobou a contratación de mellora de acceso a tres parroquias do Concello de Lugo, Tirimol, Adai e Bocamaos. Todas as obras terán un  prazo máximo de execución dun mes.

Outro dos acordos adoptados foi a aprobación da área de rexeneración e renovación urbana do Centro Histórico de Lugo. Este acordo permitirá a realización das obras de mellora da accesibilidade e dos servizos en tres lugares emblemáticos do Casco histórico de Lugo como son a Praza Maior, a Praza de Pío XII e a Praza da Soidade.

Asemade tamén se informou da apertura do procedemento de adxudicación da obra correspondente ó paseo interior da Muralla no treito de Vía Romana, creando un novo espazo urbano ao carón do monumento.

En relación co Plan Urban, tamén se autorizou o incremento no prazo de execución das obras de ampliación das obras de rehabilitación do espazo urbano da Calella do Hospital e Carril do Son. Durante as obras, desfíxose parte dun muro que tivo que ser reconstruído para poder seguir coa obra orixinal e que motivou o retraso da mesma.

Colexio Sagrado Corazón

O Voceiro do Goberno Local tamén informou, que xa se iniciou o expediente de expropiación das tres parcelas nos terreos que albergarán a construción do novo colexio do Sagrado Corazón.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo