A Xunta destaca o proxecto “Tamén en Galego” do IES de Becerreá

O IES de Becerreá concluíu o proxecto “Tamén en Galego”, unha iniciativa desenvolvida ao longo dos dous últimos cursos co obxectivo de promover o uso do galego nas administracións e nos establecementos do municipio lucense. O peche da actividade coincidiu coa entrega do Premio á Lingua e á Cultura 2026 ao sector da hostalaría da localidade.

No acto participou o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Jesús Álvarez, quen destacou a combinación de aprendizaxe competencial, compromiso social e dinamización lingüística que, segundo indicou, caracteriza este tipo de iniciativas. Tamén agradeceu a colaboración do tecido empresarial e das autoridades locais.

Na primeira fase do proxecto, o alumnado realizou un diagnóstico sobre a presenza do galego en diferentes ámbitos da vila. Como resultado deste traballo elaborouse un podcast divulgativo, difundido a través das canles do centro educativo e das redes sociais.

Durante o presente curso, a iniciativa centrouse na posta en marcha de actuacións destinadas a incrementar a presenza da lingua galega na contorna. Entre as medidas desenvolvidas figuran a elaboración e tradución de materiais comerciais, o deseño de carteis normalizadores e a creación de modelos documentais adaptados ao uso do galego.

O Premio á Lingua e á Cultura 2026 foi concedido ao sector da hostalaría de Becerreá como colofón dun proxecto impulsado polo instituto coa participación de distintos axentes da localidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com