A Xunta felicita ao club Star Dance polos resultados acadados no Campionato de España de Hip Hop

As rapaces e rapazas de Star Dance seguen a ser recibidos polas e polos responsables das distintas institucións situadas na capital. Así o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, trasladou as felicitacións do Goberno galego ao club Star Dance polos resultados obtidos no Campionato de España de Hip Hop, celebrado recentemente en Guadalajara.

Durante un encontro mantido na Delegación Territorial con integrantes da escola, Arias destacou o labor que desenvolve a entidade na promoción desta disciplina, así como a súa contribución á proxección de Lugo como referente nun ámbito con crecente implantación a nivel estatal.

O representante autonómico tamén puxo en valor o desenvolvemento do baile deportivo en Galicia e a súa relevancia na promoción do deporte de base. Neste sentido, sinalou a continuidade do apoio institucional a través de distintas iniciativas, entre elas actividades de iniciación ao hip hop incluídas no programa de deporte escolar Xogade.

No ámbito competitivo, Star Dance acadou destacados resultados no campionato estatal, cun primeiro posto nas categorías infantil e de parellas, dous segundos postos nas categorías absoluta e Megacrew, e unha terceira posición na categoría júnior.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com