A Xunta financia crea dúas novas unidades de atención temperá

A Consellería de Política Social da Xunta,  financia este ano dúas novas unidades de atención temperá na provincia: a primeira compartida polos concellos de    Outeiro de Rei e Castro de Rei, e a segunda polos de Palas de Rei, Begonte, Friol e Guntín.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presento este servizo e indicou que deste modo son xa cinco as unidades de atención temperá que prestan servizo a 17 concellos na provincia de Lugo, grazas a  un investimento de 294.000 euros da Consellería de Política Social. No acto participaron tamén os alcaldes de Outeiro de Rei, José Pardo, e Palas de Rei, Pablo Taboada; a alcaldesa de Guntín, María José Gómez; o tenente alcalde de Begonte, Luís Luaña; a concelleira de Castro de Rei María José López, e concelleira de Friol Ángeles Buján.

Balseiro subliñou que “a atención temperá  é un recurso fundamental para os nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento ou con risco de padecelos.”, afirmou.

En cada Unidade de Atención Temperá traballa un equipo multidisciplinar, cun mínimo de tres integrantes con formación apropiada, e en todo caso, especializados en desenvolvemento infantil e atención temperá.

O delegado indicou que a Xunta de Galicia financia a prestación deste servizo polos concellos, “porque entendemos que o ámbito municipal é o idóneo para xestionalos pola súa proximidade á cidadanía e polo coñecemento da situación específica da súa poboación”.

A rede na provincia

A Rede galega de atención temperá medrou considerablemente na provincia nos dous últimos anos. Así, no 2018 creáronse dúas unidades, que comparten Antas de Ulla e Portomarín,  por un lado,  e por outro Abadín, Barreiros, Mondoñedo, Pastoriza, Riotorto, Trabada e Lourenzá.

Este ano, ademais de sumar as dúas novas unidades hoxe presentadas, tamén cambiou o ámbito de actuación da unidade máis veterana, con sede en Burela e á que agora está adscrita tamén o concello de Viveiro.

 

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo