" />

A Xunta impulsará o Camiño de Inverno coa sinalización da ruta e un albergue en Diomondi

As candidatas ás eleccións autonómicas do 12 de xullo por Lugo, Raquel Arias, Susana López Abella e Katy Varela realizaron un treito do Camiño de Inverno na parroquia de Diomondi. Esta ruta xacobea que pasa pola Ribeira Sacra,é candidata a ser declarada Patrimonio Mundial pola Unesco no ano 2021.

As populares destacaron “o compromiso do Goberno galego co que consideramos unha das rutas xacobeas de maior potencial: o Camiño de Inverno” que a Xunta está a potenciar a través da súa sinalización integral e a creación do primeiro albergue público en Diomondi. Por unha banda ten iniciada a licitación do proxecto de mellora, sinalización e acondicionamento do Camiño de Inverno que pasa pola Ribeira Sacra lucense cunha dotación orzamentaria de 1,7 millóns de euros e, por outra, dirixe unha achega de máis dun millón de euros para a rehabilitación do Pazo Bispal de Diomondi, enmarcada dentro do Plan de Albergues.

As actuacións para a mellora e unificación da sinalizacións, incluirán tamén o acondicionamento dos treitos que se atopen en mal estado mantendo a coherencia coas obras que xa foron realizadas en diferentes tramos do Camiño en Galicia”, puntualizaron as populares.

Albergue público no pazo de Diomondi

As actuacións de rehabilitación do Pazo de Diomondi “permitirán readaptar a súa distribución coa renovación da súa estrutura para dotala de catro dormitorios distribuídos en dous andares nos que se acondicionarán tamén outras estancias para cubrir as necesidades dos peregrinos que percorren o Camiño de Inverno”. Así, este novo albergue de xestión autonómica ofrecerá un máximo de 33 prazas, unha das cales estará reservada para peregrinos con mobilidade reducida. As actuacións, que inclúen o acondicionamento dunha edificación auxiliar, permitirán tamén mellorar a súa eficiencia enerxética.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo