A Xunta instala dúas marquesiñas en Guntín e outra en Portomarín

A  Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de instalar tres novas marquesiñas na estrada LU-612 (vía que comunica Lugo e Portomarín), dúas delas no concello de Guntín e unha en Portomarín, coas que se pretende mellorar o servizo aos usuarios do transporte público.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, comprobou as novas instalacións de Guntín acompañado pola alcaldesa, María José Gómez Rodríguez.

Neste municipio, unha das marquesiñas está ubicada á altura do cruce de Mosteiro (punto quilométrico 14) e a outra en Piñeiras (pq 17,5), ambas en dirección cara Lugo. En Portomarín, sitúase no punto quilométrico 19,2 da estrada, á altura de Quintá, en dirección Portomarín.

A súa instalación enmárcase dentro do Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte, que pretende acadar un transporte público que responda ás necesidades dos cidadáns.

As dúas infraestruturas, con selo galego tanto no deseño como na madeira de piñeiro empregada, teñen como obxectivo protexer aos usuarios das inclemencias meteorolóxicas e facer máis cómoda e segura a espera.

O Executivo autonómico está a impulsar o novo Plan de Transporte Público de Galicia para proporcionarlles aos cidadáns uns servizos doe autobús que respondan ás súas necesidades reais en materia de mobilidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com