A Xunta inviste na mellora dunha escola infantil de iniciativa social

A Xunta de Galicia vén de conceder a 27 escolas infantís de iniciativa social (EPIS) achegas económicas por un valor de preto de 400.000 euros para a mellora das instalacións, a adquisición de novo equipamento e a incorporación de novas tecnoloxías. Delas, unha está situada na provincia de Lugo, a da Asociación Psicopedagóxica Bugs Bunny, que recibirá un total de 24.000 euros para este cometido. Política Social concede estas axudas, financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feader), por terceiro ano consecutivo.

O Goberno galego chegou a todas as EPIS que solicitaron estas axudas e reunían os requisitos establecidos na convocatoria: 20 na provincia de Pontevedra, seis da Coruña e unha en Lugo. Así, concédese a práctica totalidade do investimento subvencionable cunha contía máxima que pode recibir cada centro de 25.000 euros: 15.000 euros para as obras de mellora e de 10.000 para a compra de equipamento máis a integración das novas tecnoloxías nas aulas. 

Máis en concreto, as intervencións subvencionables son as obras menores de adecuación da infraestrutura, así como traballos novos que melloren a accesibilidade da escola ou a doten dos servizos necesarios. Estas axudas tamén cobren a adquisición e renovación do equipamento do centro, incluído o mobiliario exterior ou interior e o material didáctico e de xogo. Así mesmo, as achegas están dirixidas a dotar aos centros de conexión a internet e a compra de dispositivos tecnolóxicos como encerados dixitais ou ordenadores, entre outros. As entidades teñen de prazo para xustificar as intervencións feitas ao abeiro desta orde ata o día 5 do vindeiro mes de decembro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com