A Xunta organiza cursos sobre a prevención de ataques do lobo á gandaría 

A Consellería do Medio Rural da Xunta, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), levará a cabo candaseu curso sobre a prevención de ataques de lobo á gandaría nos concellos lucenses de Vilalba e Monforte de Lemos. O primeiro será unha xornada que se impartirá o 24 de setembro na Oficina Agraria Comarcal (OAC) vilalbesa, mentres no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte a acción prolongarase tres días, en concreto, do 28 ao 30 de setembro.

Así, os asistentes ao curso da OAC de Vilalba recibirán formación nun único día, en horario de mañá e tarde. Para comezar, coñecerán a bioloxía e ecoloxía do lobo ibérico, a situación do lobo en Galicia e o seu impacto sobre a cabana gandeira, así como os métodos de prevención dos ataques tendo en consideración o manexo de mastíns como ferramenta de protección. Xa pola tarde, visitarán unha ou dúas explotacións da zona para analizar in situ que medidas se poden adoptar en cada caso.

Canto ao curso de tres días do CFEA de Monforte, a primeira xornada dedicarase aos contidos teóricos básicos e a segunda a realizar unha análise estratéxica das explotacións para deseñar plans de prevención personalizados, ao tempo que se avaliará como se trata a prevención dos ataques do lobo noutros países ou rexións. A visita de campo, a tres ou catro explotacións da zona neste caso, terá lugar o terceiro día.

Estes cursos están integrado no Plan de formación ao agro galego 2020, cuxo principal obxectivo é impulsar o desenvolvemento de actividades formativas, de demostración e información que leva a cabo a Consellería do Medio Rural. Con estas accións, preténdese contribuír a que os coñecementos cheguen aos seus últimos destinatarios: agricultores, gandeiros, silvicultores ou representantes da industria agroalimentaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com