A Xunta presenta “a única proposta de futuro para o cuartel de San Fernando avalada por un estudo de viabilidade”

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo, entre eles co seu presidente Ángel Trabada, para explicarlles o proxecto integral para o impulso do turismo cultural que promove o Goberno Galego na cidade.

Balseiro sinalou que se trata “da única proposta de futuro para o cuartel de San Fernando que está avalada por un estudo de viabilidade”. Este estudo destaca que o parador museo crearía un mínimo de 30 empregos directos “e tería un notable efecto multiplicador na cidade”, segundo sinalou o delegado.

O delegado da Xunta defendeu que o plan autonómico é un importante instrumento de dinamización económica que beneficiaría en primeira instancia aos sectores turístico, cultural e comercial. “Dende a Xunta de Galicia non queremos unha cidade con máis locais en venda ou alugueiro que con negocios funcionando”, engadiu.

Prevé un grao de ocupación do 70% e unha facturación de máis de 1,6 millóns de euros o primeiro ano. Axudaría a internacionalizar o destino, xa que o 36,4% dos viaxeiros da rede de Paradores son estranxeiros cando actualmente en Lugo a cifra de visitantes que proceden doutros países sitúase no 15%, e ampliaría o público potencial de Lugo sen xerar   unha competencia directa con outro tipo de establecementos. Ademais da zona de aloxamento e restauración, e do espazo museístico, acollería outros eventos que complementarían a oferta de actos culturais e sociais da capital.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com