A Xunta proporá que as máscaras sexan obrigatorias nas aulas para profesores e alumnos

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, tras a reunión do Comité clínico de expertos sanitarios, que a Xunta proporá que as máscaras sexan obrigatorias en todo momento nas aulas para profesorado e alumnado de máis de seis anos, “unha proposta sanitariamente correcta e epidemioloxicamente fundada”.

Feijóo ratificou que “o que máis nos preocupa é a volta ás aulas e o protocolo do inicio do curso escolar”, antes de engadir que o comité clínico revisará o protocolo elaborado en coordinación coas Consellerías de Educación e Sanidade para actualizalo, tanto en función da evolución da pandemia como co que se acorde na conferencia de presidentes, da que aínda non hai data de celebración. Neste senso, Feijóo reclamou un protocolo único para todo o sistema educativo español porque “necesitamos criterios claros e homoxéneos”.

Por outra banda, o presidente lembrou a decisión de incorporar a 240 novos docentes para cumprir a ratio de 25 alumnos por aula. Ademais, a partir da vindeira semana, comezaranse a realizar probas serolóxicas a todo o persoal dos centros de ensino non universitario e de FP. “Serán en total 40.000 profesionais os que participarán nesta mostraxe, previa ao inicio do curso escolar, buscando, coma sempre, a máxima seguridade”, sinalou.

Fotografía: Alberto Núñez Feijóo en Rolda de prensa. Xunta de Galicia

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com