" />

A Xunta reparte entre os concellos de Lugo “un primeiro envío de case 20.000 mascarillas e 17.500 pares de luvas”

A Xunta, a través da delegación territorial de Lugo, iniciou o reparto entre os concellos da provincia do primeiro material urxente de protección para atender ao persoal que segue desenvolvendo funcións nos distintos servizos municipais.

Ademais, desde a Delegación organizouse tamén a actuación do Servizo de Defensa Contra Incendios para levar a cabo a desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde. Concretamente, nesta provincia lévanse a cabo con estes equipos de limpeza, entre o día de hoxe e onte, actuacións en Baralla, Becerreá, Guntin, Taboada, Sober e Boveda.

O Posto de Mando Avanzado, constituído o pasado sábado, está composto polo delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, representantes de todas as xefaturas territoriais, representantes de emerxencias e da policía autonómica. Entre os cometidos do Posto de Mando Avanzado está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación coa FEGAMP que xa conta cun formulario na súa web para recoller esa información. Ademais, actúa como un punto de información para os concellos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo