" />
19,30 h.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, intervirá mediante videoconferencia na mesa multilateral de Alcoa San Cibrao. Na sala de xuntas da Consellería (edificio administrativo de San Caetano, 4º andar). foto xoán crespo 27/07/2020

A Xunta solicita a Alcoa o aprazamento do ERE para estudar a posible proposta dun investidor

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou onte a tarde, por videoconferencia, na mesa multilateral de Alcoa San Cibrao, na que solicitou a constitución dun grupo de traballo e o aprazamento do ERE na planta para estudar a posible proposta -confirmada polo Goberno central- dun investidor e, deste xeito, “abrir un novo camiño para o mantemento da actividade e do
emprego na planta”.
Neste sentido, e ante o descoñecemento do contido da proposta tanto por parte de Alcoa como dos traballadores e da propia Xunta, o conselleiro pediu “certezas e tempo para poder identificar as condicións e requirimentos que permitan pechar a operación”. Expresou “a total colaboración da Xunta neste novo escenario no que Alcoa manifestou que está disposta a iniciar un proceso de venda”. Por iso, solicitou “transparencia ao Goberno para coñecer os detalles do posible plan de empresa no marco deste grupo de traballo do que formarían parte todos os axentes implicados así como o posible investidor”.
Conde lembrou “que para garantir que calquera proxecto sexa viable segue sendo necesario fixar un prezo eléctrico estable e competitivo. Por iso, lamentou que aínda non se coñeza o contido do Estatuto do consumidor electrointensivo e non se teña convocado a poxa de interrompebilidade para o segundo semestre do ano”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo