A Xunta solicita a licenza para a construcción da nova residencia que contará con 120 prazas públicas

A Consellería de Política Social vén de solicitar a licenza municipal para a construción da nova residencia de maiores de Lugo, que contará con 120 prazas públicas e xerará 115 postos de traballo. Cando este novo centro entre en funcionamento a cidade superará as 600 prazas públicas para maiores.
Así o avanzou esta tarde o delegado territorial da Xunta, Javier Arias Fouz, durante o encontro que mantivo coa presidenta da asociación de veciños do barrio da Residencia, Cecilia Vázquez, zona no que se emprazará o futuro centro.
O delegado salientou que a nova residencia “contará co equipamento máis vangardista e con servizos innovadores como as unidades
psicoxeriátricas, especializadas na abordaxe do Alzhéimer e outras demencias”
As novas instalacións son froito do convenio subscrito pola Xunta de Galicia coa Fundación Amancio Ortega, polo que se investirán 12 millóns de euros, sen coste ningún para as arcas públicas. Con todo, o futuro centro, formará parte da rede autonómica de residencias e, polo tanto, a Xunta asume a dotación de persoal e os gastos de mantemento.

Novo barrio da residencia
Esta  residencia de maiores forma parte do proxecto urbanístico e de servizos que o Goberno galego impulsa no Novo Barrio da Residencia e que inclúe outras novas infraestruturas: o centro integral de saúde, unha oficina de emprego e formación, un centro de emprendemento, (todas en execución) e unha central de biomasa común ao resto das instalacións.

O novo edificio estará emprazado na parcela que ocupaba o antigo Hospital Xeral, derruído con este fin. Contará con baixo e tres andares. No espazo inferior están emprazados os servizos comúns para os usuarios (comedor, salas de convivencia, salas de terapia) e o resto de alturas son de uso habitacional. O proxecto escollido inclúe grandes lucernarios interiores e fiestras de gran tamaño que reforzan a iluminación natural de todos os espazos. Ademais está proxectada unha ampla zona verde, destinada a xardín, que permitirá o esparcemento exterior dos usuarios. Neste senso, o xardín rodeará o edificio da futura residencia para que poida contar con horas de sol todo e tamén o seu uso nos meses máis fríos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com