A Xunta valora positivamente as accións da Federación de Veciños a prol da recollida selectiva nas zonas rurais

A directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, valorou esta mañá as accións desenvolvidas pola Federación de Veciños Lucus Augusti no marco dunha campaña centrada na reciclaxe o no coidado do medio ambiente, nas zonas rurais, que contou co respaldo da Xunta de Galicia. Esta reunión, á que asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, serviu para que os representantes da directiva da citada agrupación, que aglutina a 300 asociacións de Lugo e da súa provincia, lembraran as actuacións realizadas ao longo do último ano, tales como charlas de concienciación, campañas de recollida de plásticos agrícolas, uso adecuado de colectores ou fomento da reciclaxe.

Ademais, Sagrario Pérez e Javier Arias puideron coñecer de primeira man as novas liñas de actuación que quere abrir este colectivo e que se centrarán na eliminación de vertedoiros incontrolados e na elaboración dun mapa de instalación de colectores en puntos específicos das zonas rurais. Así o expuxo o presidente desta federación, Jesús Vázquez, acompañado polos tamén directivos Fernando Rois e Luís Abel.

Outras iniciativas xa realizadas e que pretenden continúen formando parte desta ampla campaña de concienciación sobre a prevención dos impactos ambientais, serán os obradoiros de recollida selectiva, programas de hortos ecolóxicos en colaboración con colexios lucenses e celebración de exposicións. Ademais, destacaron de forma moi especial a necesidade de seguir adiante coa campaña de sensibilización sobre a reciclaxe das máscaras e luvas.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Furgalla Rauda
    Xan 14, 2021 - 10:39 PM

    Manda truco.
    A recollida de lixo selecctivo nas zonas rurales no municipio de Lugo, fíxose ou empezouse na primeira lexislatura do pesoe e bloque.
    Sendo alcalde José López Orozco e concelleiro de medio ambiente ,Marcos Cela, q.e.p..d.
    Por certo no seo momento estes señores dedicarónse a poñer paus nas rodas. Podo dar fé.
    Sempre figurando, ¿ Que hai da famosa plataforma En Pé polo Rural? Nada de nada, solo blablablabla.
    ¿Cantas parroquias ou núcleos rurales do municipio de Lugo contan con alcantarillado?
    Sobran dedos da man, pero hai que seguir blablabla…. a ver se caen uns euriños para propaganda.
    Así nos vai.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com