A xustiza obriga a Martínez a pagar costas procesais tras o recurso contra os Orzamentos

O Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Lugo vén de ditar sentenza a favor da Deputación, ao desestimar o recurso presentado polo Deputado non adscrito, Manuel Martínez, contra o Orzamento Provincial de 2019. Así a xustiza dá a razón ao goberno provincial por terceira vez, despois de que rexeitara as medidas cautelarísimas e as cautelares, solicitadas por Martínez, para frear “de xeito inmediato” os orzamentos, paralizando así os proxectos que deles dependían.

O fallo do xulgado declara inadmisible este recurso por “inexistencia de actuación administrativa impugnable” e aclara que os orzamentos están axustados a ordenamento xurídico. Asemade, o xulgado impon a Martínez o pago das costas procesais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo