A zona de lecer da Praza de Abastos estará aberta a partir deste sábado

A edil de Participación e servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou da apertura da zona de lecer da Praza de Abastos este sábado. López indicou que “este servizo funcionou durante o Nadal do ano pasado e dende aquelas permaneceu pechado. Agora abrirase os sábados pola mañá para contribuír a dinamizar o centro e aumentar os servizos do Mercado Municipal e da Praza de Abastos”.

A instalación  está orientada a nenas e nenos de entre 2 e 14 anos, e abrirá durante verán, de luns a sábado, entre as 10:30 e as 13:30 horas. As inscripcións realizaranse de xeito presencial na zona de lecer, asinando a autorización que entregarán os monitores, e terá unha limitación de 12 persoas.

“Moitas nenas e nenos poderían desfrutar deste espazo infantil mentres os pais e nais fan as compras no casco histórico”, indicou Cristina López, e engadiu, “os sábados son días nos que hai actividade económica e permitirase a mellor conciliación da vida familiar coas compras e incluso co traballo dalgunhas persoas que traballan no centro e non teñen onde deixar ás crianzas durante a xornada laboral”.

 

Novas relacionadas

  1. Miguel Angel Ferreiro Vazquez
    Xul 17, 2019 - 08:52 PM

    Hay algo que non entendo:Ágora así tan axiña haberse a zona de leer da plaza de abastos¡¡¡¿Como e iso, antes non estaba lista, e e trou o BNG e arreglo una Nun plis plas, ou e que antes como eran medio “Lara si, Lara non” ágora e BNG si. Xa sei que non me vades a leer bloqueiros/as pero non me vale que me queirades”vendela moto” que xa estaba”apalabrada”

    Reply
    • Uxio Cadenas
      Xul 17, 2019 - 10:05 PM

      Miguel Angel Ferreiro Vazquez non hai cristo que te entenda

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com