" />
Descarga Programa Completo Arde Lucus 2015 en PDF Descarga Programa Arde Lucus 2015 en PDF

Aberta a votación popular para elixir o cartel do Arde Lvcvs 2017

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, abriu a votación popular do concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador do Arde Lvcvs 2017, co obxectivo de facer cómplice e partícipe á sociedade na elección da imaxe desta festa http://lugo.galdeclarada de interese turístico galego.

Poderase votar ata o venres, 24 de febreiro, ás 12:00 horas a través da páxina oficial destes festexos na rede social Facebook, www.facebook.com/ardelucuslugo, premendo no botón de gústame que aparece na imaxe de cada un dos carteis.

Tras esta votación popular, un xurado formado por tres persoas expertas seleccionará, entre as 10 de maior puntuación, a obra gañadora. O fallo levarase a cabo o 27 de febreiro ás 11:00 horas na Casa da Xuventude. Como en edicións anteriores, o premio para o gañador ou gañadora ascende a 1.000 euros, sendo o traballo que anuncie esta festa nesta edición.

Para máis información sobre o Arde Lvcvs, pódese consultar a páxina web www.ardelucus.com e as contas oficiais nas redes sociais facebook, twitter, instagram e youtube.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo