" />

Aberto o prazo de inscrición para participar no XV Concurso de Tapas

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) xa ten en marcha a organización da décimo quinta edición do Concurso de Tapas de Lugo, patrocinado polo Concello de Lugo, que terá lugar no mes de setembro. Neste senso, o prazo de inscrición para participar xa está aberto e finaliza o vindeiro martes 16 de xullo.

Poden concursar todos os establecementos de hostelería do Concello de Lugo que estean inscritos no Rexistro de Establecementos e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).

Para facer efectiva esta inscrición deben presentar a documentación requirida –ficha de inscrición, fotocopia do ingreso da cota de inscrición, ficha técnica da tapa e fotografía da tapa– nas oficinas da Asociación, na rúa Ramón Montenegro 15, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou a través do correo electrónico comunicacion@apehl.org.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo