Aberto o prazo de solicitude das actividades gratuítas do Verán Cultural 2016

Aberto o prazo de solicitude das actividades do Verán Cultural, unha iniciativa coa que a Deputación achega a rural da provincia actividades gratuítas de caracter lúdico-cultural. A partir das 10:00 horas do venres, 26 de agosto, Concellos e Asociacións poderán formalizar a súa solicitude no espazo habilitado na web www.deputacionlugo.gal. Esta iniciativa inclúese dentro do grupo de actividades gratuítas do Cultura Aberta e Cultura sobre rodas.

Esta programación desenvolverase durante o mes de setembro e está destinada a apoiar a asociacións culturais e Concellos para completar os seus programas de ocio, ofertando aos diferentes colectivos culturais un amplo abano de actividades. Os Concellos e asociacións culturais que queiran optar a participar nesta actividade deberán presentar no Rexistro Xeral da Deputación a documentación que se atopa no espazo habilitado na web da Deputación.

Este proxecto provincial consta de 35 actuacións, totalmente gratuítas, que percorren os concellos da provincia, ata o 15 de setembro, a través de Asociacións destes municipios. As actividades que poderán solicitar son: espectáculos de musica de rúa, con Airinhos da Freba; concertos de Zoelas, Quempallou, Puntada sen Fío ou Leña Verde; pasarrúa da man de Cé Orquestra Pantasma; actuacións de teatro e clown con Peter Punk, Volta e Dalle, Babaluva Teatro ou Mago Rafa, entre outros.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com