Aberto o prazo para solicitar descontos do 50% da matrícula no Campus de Lugo

Dende hoxe e ata o 1 de xullo inclusive permanecerá aberto o prazo para solicitar descontos do 50% na matrícula en 10 titulacións do Campus de Lugo grazas ás becas ofertadas pola Deputación de Lugo, no marco da iniciativa ‘Para estudar, Lugo’.

O 12 de xullo publicaranse as listaxes de admitidos. O proceso culminará coa formalización da matrícula, do 13 ao 15 de xullo, onde se aplicará, directamente, o desconto do 50% no prezo da matrícula.

O ente provincial destina a esta iniciativa uns 120.000 euros cos que agarda financiar máis de 400 bolsas de estudos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com