Aberto o prazo para solicitar subvencións para actividades culturais no Concello de Lugo

O Concello de Lugo ven de anunciar que desde hoxe se poden solicitar as subvencións ás asociacións culturais e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade no eido da cultura. Un total de 14.900€ que se destinarán a colectivos constituídos e domiciliados no concello de Lugo.

Entre os criterios par a obtención  das axudas teranse en conta as actividades que non utilicen a muller como reclamo ou denigren a súa imaxe, que a entidade conte cunha vogalía ou departamento de muller ou igualdade, ou que a composición da directiva conte cun 50% de mulleres, ademais do uso do galego na programación da actividade. Ademais, valorarase o uso e a difusión do galego na actividade e a difusión dos valores culturais galegos e lucenses.

As asociacións que o desexen, poden presentar a documentación requirida nos seguintes 15 días no rexistro do Concello de Lugo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo