Abre o prazo de solicitude de prazas para as Escolas Infantís Municipais

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento informou da apertura do prazo para solicitar praza nas Escolas Infantís Municipais. Desde a concellería de Educación fíxose un esforzo para, segundo anunciou o edil, “simplificamos o procedemento, evitando que a veciñanza teña que desprazarse ás distintas administracións para ter a documentación complementaria á solicitude”.

As solicitudes deberán presentarse, preferentemente, mediante a sede electrónica municipal. Ademais, habilitarase un turno preferente nas citas do rexistro presencial, a través do 010 (982 297 350), para axilizar a presentación deste tipo de solicitudes.

A información completa, así como os modelos estarán dispoñibles na web (concellodelugo.gal), e presencialmente nas oficinas da concellería de Educación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com