Ace-Eu advirte que a pasarela ao Anxo Carro incumpre as normas de accesibilidade

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida advirte, tras examinar o proxecto definitivo enviado dende o Concello de Lugo para ditame do Ministerio de Fomento, do “enésimo despropósito” na pasarela peonil para cruzar cara o campo de fútbol Anxo Carro, que non cumpre os criterios de accesibilidade.

Este incumprimento súmase ao feito de que a alcaldesa decidise a execución deste itinerario a pesares de que o desaconsellaba o estudo de viabilidade e de que supón a inclusión dunha infraestructura de grande impacto no territorio histórico do Camiño Primitivo, ademáis de que se elixisen materiais para a súa construcción que non cumpren cos obxectivos europeos que rixen a liña EDUSI de minimizar as emisións de caborno.

“Insistimos en que este proxecto debeu ser descartado hai moito tempo por resultar un gasto desproporcionado e inútil. No proxecto actual o orzamento supera xa os 988.000 €, un gasto que non deixa de aumentar e que podería ser aproveitado noutras iniciativas realmente sostibles e respetuosas co patrimonio paisaxístico e histórico, como a recuperación de camiños tradicionais, xenerando rutas que fosen realmente utilizadas polos peóns para transitar entre a zona urbana e a fluvial”, afirma Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

Todo o percorrido das ramplas de acceso á pasarela se desenvolve nun único tramo sen os obligatorios descansos intermedios que establecen todas as normativas, tanto a estatal como a autonómica e a municipal. Unha rampla consiste aproximadamente nun único tramo de 65 metros e a outra de 115 metros, rebasando con creces a lonxitude máxima de 10 metros por tramo permitida. Ditos descansos deberían ter unha lonxitude mínima de 3,75 metros cada un deles (para un ancho de rampla de 2,5 metros).

O proxecto tampouco especifica cal é a pendente lonxitudinal nin transversal das ramplas de acceso á pasarela, que segundo as normativas de accesibilidade actuais non poden superar o 6% e o 2% respectivamente. ACE-EU constatou que o proxecto definitivo nin sequera conta coa memoria xustificativa do cumprimento das normativas de accesibilidade, obligatoria por lei.

“É inaudito que se propoña gastar un millón de euros nunca infraestrutura que non solucionará ningún problema por non plantexar ningún itinerario alternativo aos existentes, e que ademáis discrimina e disuade da súa utilización ás persoas con discapacidade”, remarcou o concelleiro. “Se o goberno local insiste en seguir adiante cunha obra que non cumpre a legalidade nin os mínimos criterios de racionalidade e sostibilidade, este será un máis dos proxectos estrela estrelados de Lara Méndez”, rematou Carlos Portomeñe.

Ante estas declaracións do edil de ACE-EU, saiu o Goberno municipal que aclarou que se incluirán descansos intermedios nas ramplas de acceso na execución do proxecto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo