Carlos Portomeñe con veciños de O Veral

ACE-EU-Equo presenta en Bosende e en O Veral as súas propostas para o rural

As candidatura Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida– Equo  achegouse esta fin de semana a Bosende e O Veral para trasladarlle a veciñanza das parroquias as súas propostas para conseguir un novo modelo de cidade que desfaga as fronteiras que segregan a zona urbana da rural. “Lugo ten 54 parroquias que aportan ao municipio unha riqueza natural e patrimonial incalculable, o seu extenso e fermoso o rural é o grande valor diferencial da nosa cidade, e como tal debe ser atendido e dotado de servizos”, afirma Carlos Portomeñe, candidato á alcaldía de ACE-EU-EQUO. A prioridade é saldar a débeda da conectividade do transporte público, polo que deseñarán e impulsarán unha rede de transporte á zona rural cun servizo a demanda e con transbordo gratuíto coa rede de autobuses urbanos, que contemple a comunicación das parroquias cos centros de saúde e hospitais en horarios axeitados, co centro da cidade para a realización de xestións e compras e cos centros educativos e bibliotecas, principalmente. O transporte baixo demanda ten o obxectivo fundamental de evitar a circulación de autobuses baleiros, pero sin renunciar a dispoñibilidade do servizo, que  cun operador ou sistema centralizado de xestión fará chegar as súas demandas de transporte a través do teléfono ou métodos telemáticos”.

Así mesmo, ACE-EU-Equo redactará un “Plan Director de Infraestruturas para os Núcleos Rurais do municipio de Lugo que inclúa un estudo da situación actual das redes de servizos de auga, saneamento, electricidade e de tecnoloxía das comunicacións nos núcleos rurais  e que propoña todos os proxectos a realizar, ordenados por prioridade”. Entre esas prioridades está ampliar a rede pública de abastecemento de auga na zona rural e incrementar progresivamente o saneamento das parroquias mediante tecnoloxías sostibles e economicamente viables.

 ACE-EU-EQUO tamén expuxo nestas reunións que “impulsará a produción agrícola do municipio e a súa distribución, poñendo en valor os produtos de calidade. Para elo elaborará unha Estratexia Alimentaria Local que promova o consumo de alimentos de produción local e sostible. Alternativa Cidadá de Esquerdas aposta pola creación dunha rede de mercados na cidade, incluíndo o Mercado de Abastos, que permita a venta directa e promoción dos produtos agropecuarios recollidos, elaborados ou transformados no municipio, eliminando a figura dos intermediarios, así como a introdución de reacción de Mercados Diarios na planta baixa da Praza de Abastos”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo