ACE-EU proporá ao pleno pagar as expropiacións da Rolda do Carmen

Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida levará ao pleno do vindeiro 31 de marzo unha proposición para dar inmediato cumprimento ao acordo plenario aprobado por unanimidade no Pleno do Concello de Lugo en sesión extraordinaria con data de 8 de novembro de 2010, con respecto á expropiación dos terreos na Ronda do Carme en virtude da sentencia do TSXG 820/1994, para que o Concello de Lugo proceda así aos pagos dos terreos obtidos por expropiación con base nas cantidades estimadas no devandito acordo plenario. Para elo, o grupo municipal tamén solicita na súa proposta que se estableza nos orzamentos de 2016 o compromiso orzamentario de habilitación de crédito a tal fin.

No ano 1972, hai xa 44 anos, o Concello de Lugo procedeu á expropiación de determinados terreos situados na Rolda do Carme para a realización do Proxecto de Urbanización da cuarta fase da chamada Segunda Ronda.  Isto deu lugar a movementos especulativos por parte de construtores, para facerse con terreos situados a ambas marxes da rolda a prezos inferiores aos do mercado, porque tentaron compralos como  solo urbanizable non programado a sabendas de que se trataba de solo urbano. En 1994, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emite unha sentencia que dispón que os terreos aludidos deben ser clasificados como solo urbano, anulando o acordo que os consideraba Solo Urbanizable Non Programado (SUNP), contra a que o goberno municipal presentou diversos recursos que foron todos desestimados. Os propietarios e as propietarias que recorreron á xustiza puideron comprobar como solares ubicados na súa mesma aliñación e contiguos aos seus foron edificados hai anos”, resalta Carlos Portomeñe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com