" />

ACE-EU solicita a convocatoria urxente da comisión de festas por mor da sentencia desfavorable do TSXG e que se rindan as contas do pasado San Froilán

O voceiro do grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida, Carlos Portomeñe, solicitou esta mañá a convocatoria urxente por parte da Delegada da Área de Goberno de Cultura, Carmen Basadre, da Comisión Especial de Festas, ante a sentencia desfavorable do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o control de ruidos durante o San Froilán. “Gustaríanos coñecer de primeira man a postura do goberno ante este fallo xudicial, as explicacións que teñen que aportar sobre as actuacións neglixentes do pasado e que se nos informe das medidas que se tomarán no futuro”, apuntou o concelleiro. “Agardamos ademáis que esta sentenza sirva como exemplo noutros ámbitos, como o do urbanismo e en concreto no caso das Torres do Garañón, para que o goberno local entenda dunha vez por todas que os erros na xestión, e sobre todo, a persistencia nos mesmos a pesares das persistentes denuncias da cidadanía e do criterioxudicial, teñen un custe”, quixo facer fincapé Portomeñe, a tenor de que lle foran impostas as costas   ao Concello de Lugo por recurrir a sentenza anterior que xa censuraba a ausencia de accións para minimizar os ruidos na zona do ferial.

Para ACE-EU, é preciso ademáis que se convoque xa a Comisión Especial de Festas porque foi un compromiso de Basadre co resto dos grupos municipais comezar a traballar xa dende xaneiro entre todos na organización do vindeiro San Froilán, adquirido debido á protesta xeneralizada de tódolos voceiros ante o impedimento de aportar propostas para o programa de 2015. “A explicación esgrimida pola concelleira de Cultura foi que por causa da premura orixinada    polo recente cambio de goberno, nesta ocasión non había tempo para ter en conta as aportacións do resto de forzas políticas.

O grupo municipal ACE-EU considera imprescindible que na primeira sesión da Comisión Especial de Festas “se rindan xa contas de todas as contratacións e gastos feitos no pasado San Froilán. “A transparencia é a deferencia mínima que se nos debe aos demais representantes públicos da corporación, sobre todo tendo en conta que non se nos permitiu pintar nada na organización das anteriores festas”, rematou Portomeñe.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo