ACE-EU ve un abuso solicitar máis auga do Miño sen racionalizar o seu consumo

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida ven de preguntar na Comisión de Desenvolvemento Sostible pola solicitude de concesión por parte do Concello de Lugo dunha nova traída de augas cun caudal de 453’62 l/s de auga procedente do río Miño, no lugar de Porto Meilán, para abastecemento a Lugo e aos polígonos industriais. Aínda que segundo a formación “o goberno local negou ter solicitado unha nova captación de auga, esta solicitude publicouse no Boletín Oficial da Provincia o pasado 28 de marzo. Esta posible concesión recibiu múltiples alegacións por parte de diferentes colectivos ecoloxistas, tales como Ríos con Vida e ADEGA, pedindo á CHMS a denegación e arquivo desta solicitude, por considerar este volume de auga susceptible de producir un uso abusivo deste ben público e por ser radicalmente incompatible coas previsións do Plan Hidrolóxico vixente do Miño-Sil”

ACE-EU considera “inxustificable que se pretenda aumentar desmesuradamente o caudal de auga sen ter posto en marcha antes alternativas destinadas a racionalizar o consumo, como a actualización das tarifas adaptadas ao uso real, métodos de separación de calidades de augas para distintos consumos e de reutilización ou a renovación das redes de distribución para reducir o dispendio”. O propio Concello recoñece que perde un 40% da auga xa potabilizada, entre usos municipais non facturados, fraudes de usuarios e as fugas na propia rede de abastecemento. A isto hai que engadir que esta demanda está baseada nunha “memoria que se fíxo tendo en conta os ámbitos do PXOM que non foron aprobados”, e que polo tanto ninguén vai demandar esa auga.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com