" />

ACE pedirá este xoves modificar o regulamento para garantir o cumprimento dos acordos plenarios

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida leva ao Pleno do vindeiro xoves unha proposición para reformar o Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Lugo, que data de 2005, co obxectivo de axudar a garantir o cumprimento dos acordos plenarios por parte do equipo de goberno e reforzar a participación dos grupos da oposición e súa labor de control nas comisión permanentes do Pleno.

“Durante o primeiro ano do actual mandato estivemos asistindo ao incumprimento sistemático dos acordos plenarios por parte do goberno local, o que motivou que ACE-EU abandonase o Pleno do pasado xullo a xeito de protesta. Dende ese momento, non advertimos ningún paso de boa vontade por parte de Lara Méndez para amosar o seu compromiso coa execución das iniciativas aprobadas polo Pleno, máis que o decreto de constitución da Comisión de Seguimento e Control do Cumprimento de Acordos Plenarios, cuxa creación foi acordada en decembro de 2015, pero que aínda non se reuniu nin a primeira vez” lembra Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

Ante esta situación, para ACE-EU cómpre unha reforma do actual Regulamento Orgánico Municipal, que ademáis de afondar no control, transparencia e axilidade na toma de decisión; sexa de utilidade para “recuperar o recoñecemento social e político do traballo desenvolvido pola corporación municipal, que está a perder a credibilidade e confianza da cidadanía a pasos axigantados, xa que tódalas medidas adoptadas polo Pleno se están a converter en papel mollado”, apuntou Portomeñe.

Entre os cambios máis necesarios, ACE-EU pedirá a conversión da devandita Comisión de Seguimento e Control do Cumprimento de Acordos Plenarios en Comisión Permanente, para garantir a súa convocatoria mensual na que os voceiros de tódolos grupos políticos poidan trasladar cuestións sobre o grado de execución das proposición aprobadas, e na que o equipo de goberno estea obrigado a dar conta habitualmente do seguimento das iniciativas postas en marcha que fosen aprobadas con anterioridade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo