Activada a primeira App para explotacións leiteiras

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o presidente de AFRICOR-LUGO, José Carlos Vega Rodríguez, presentaron este xoves na SAT Os Foros da Pastoriza, a primeira aplicación para dispositivos móbiles activada en España, que permite aos gandeiros de leite consultar datos sobre a produción das súas reses, o que facilita a xestión das explotacións e aumenta deste xeito a súa competitividade.

O organismo provincial fixo posible esta nova ferramenta informática, cunha achega de 6.000 euros, máis da metade do orzamento necesario para sacala adiante.

A app ten dúas seccións. Un apartado de acceso público, no que calquera usuario pode acceder a información xeral sobre o sector leiteiro de Galicia (novas, normativas, axudas…), así como de animais en venda, o que contribúe a dinamizar a compra venda de reses criadas na provincia, valorizando a recría feita na comunidade.

No outro apartado, os 1.700 socios de AFRICOR-LUGO poden acceder en tempo real aos resultados do control leiteiro e a consellos de reprodución co fin de mellorar a xenética e evitar a consanguinidade. Para elo, o gandeiro tan só ten que introducir os últimos catro números do crotal que levan as vacas na orella.

Unha das vantaxes da app, que será presentada mañá nas VIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite organizadas por AFRICOR, é que os gandeiros poden ver os datos dos seus animais comodamente a través do teléfono móbil en calquera lugar, aínda non tendo cobertura de Internet, xa que unha vez cargados na memoria do dispositivo, poden consultarse sen conexión. A aplicación xa se pode descargar de maneira gratuíta no móbil, para o que hai que entrar en Apple Store, no caso de dispositivos de tecnoloxía Apple, ou en Google Play, no caso dos Android. Tamén está dispoñible na tenda de Microsoft para poder utilizala nas tablets que levan sistema operativo Windows, dado que o seu uso está moi estendido.

Lara Méndez:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com