Activado dende hoxe o Plan de viabilidade invernal na provincia

A Xunta ten activo desde hoxe o Plan de vialidade invernal na provincia de Lugo, cun dispositivo de 87 profesionais e 1.740 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas estradas autonómicas ante as inclemencias do tempo.

Os 6 centros operativos e os medios distribuídos pola provincia para garantir a seguridade viaria nas estradas da Xunta ante as inclemencias meteorolóxicas propias desta época do ano permanecerán en servizo desde hoxe, día 1 de novembro, e ata o vindeiro 30 de abril. A Xunta dispón dun centro operativo na zona norte, en Xermade, que ten subcentros en Mondoñedo e no Cádavo; e outro na zona sur, no Incio, con subcentros en Monforte e en Lugo.
O plan tamén inclúe na provincia de Lugo un dispositivo de 58 máquinas, entre elas, camións, retros, ademais de cuñas, follas, esparexedores de sal ou estendedores de
salmoira.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar as condicións de circulación na rede de estradas da comunidade, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas de xeo ou a aparición de neve.
Este plan recolle medidas preventivas, para anticiparse aos contratempos que se poidan producir, e medidas paliativas, para reforzar a seguridade viaria en situacións
meteorolóxicas desfavorables.

Ademais de recoller protocolos de actuación, o plan prevé unha especial vixilancia das estradas para detectar posibles incidencias; e a achega de información permanente aos usuarios, a través dos paneis informativos nas estradas, de internet e o teléfono (coa colaboración do 112 ou da DXT) ou coa difusión da situación nos medios de comunicación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com