Acto en conmemoración do aniversario dos Mártires de Carral

Os colectivos culturais Cultura do País, Madia Leva e Carneiro Alado organizan o vindeiro sábado 2 abril a partir das 12:00 na Praza Mártires de Carral un acto de conmemoración polo 170 aniversario do chamado levantamento provincialista de 1846, que se produciu o 2 de abril do citado ano na cidade de Lugo. Aquel día o batallón do que era xefe o coronel, Miguel Solís, disolveu o Consello Provincial e a Deputación. Declarada a revolta, Solís, na arenga que deu aos seus soldados, solicitou un trato xusto para o país.

Todo remataría o 23 de abril na batalla de Cacheiras, onde as tropas do goberno central derrotaron as galeguistas, por mor da gran superioridade en medios e número, saqueando e arrasando posteriormente a cidade de Santiago de Compostela.

O acto consistirá na lectura dun manifesto a cargo de Antón Somoza, membro de Cultura do País. Acto seguido, membros da Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro, de Carral, representarán unha escena da obra de teatro Abril de Lume e Ferro (Manuel María, 1974).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com